O de Abel Caballero e a
Cidade da Xustiza, non é mais que reflexo da forma de ser do
persoaxe. O alcalde olívico, a pesares de serlo polos pelos, é a
crónica da mentira, do enfrontamento coa Xunta de Galicia, e o que
mais triste, da desidia na consecución dos proxectos importantes
para a nosa cidade. Engana con descaro inusitado, minte coma ninguén,
e manipula cun sórdido soriso na faciana. Non fai moito lembro como
o señor Caballero cifraba o custe da expropiación dos terreos para
a construcción por parte da Xunta de Galicia da Cidade da Xustiza en
nada mais en nada menos que 21 millóns de euros
(http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/11/24/xunta-ajusta-ciudad-justicia-pxom-espacio-concello-tasa-terrenos/600259.html),
o día 24 de novembro. Hoxe no mesmo diario, 28 de xaneiro a cifra
queda reducida a 4,9 millóns de euros
(http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/01/28/concello-tasa-suelo-cidade-da-xustiza-49-millones-pide-xunta-aporte-37/618744.html),
e dicir temos unha diferencia de 16,1 millóns de euros.
Pero ¿qué fixo
Caballero? Enganar é a única explicación a esta situación. Agora
ben pese a ter en marcha un expediente expropiatorio dende o anterior
mandato agora di que e a Xunta que ten que pagar 3,7 millóns de
euros incumprindo o Convenio existente. O mesmo señor Caballero que
paseoú polos tellados dos Xulgados co ex-conselleiro Mendez Romeú,
e quen agora de como xa non gobernan os seus deixar perder os
diñeiros consignados pola Xunta de Galicia para a construcción
desta importante infraestructura xudicial.
O señor Caballero
convertiuse nun perigo para o desarrollo da nosa cidade, un alcalde
debe ser quen de colaborar con outras administracións para acadar o
futuro da cidade, non pode ser un alcalde partidista e cortoplacista
como o mentireiro Caballero que só busca o rédito electoral e
persoal.
Eu dende logo o teño
claro Vigo necesita dalguén que defenda os seus intereses, os de
Vigo non os persoais; Vigo precisa de traballar cara o futuro, non
pensando no voto polo voto; Vigo precisa de altura de miras non de
mentiras; Vigo precisa dun alcalde que cumpra cos compromisos
acadados pola cidade e que non poña en risco as infraestructuras da
nosa cidade. Da igual quen goberne en outra administración sexa da
cor que sexa porque o partidismo pode levar o poder pero non a acadar
o futuro que a nosa cidade precisa. Por eso basta xa de mentiras, de
enganos, de partidismos, Caballero perxudica os intereses cidadáns e
non o podemos permitir. No ano 2012 non podemos permitirnos perder
unha inversión millonaria absolutamente necesaria para o futuro de
Vigo por non ser quen de rematar o que o mesmo Caballero anuncioú e
escomenzoú fai xa moitos meses. Vigo non o perdoará e os cidadáns
tampoco.