13 junio 2012

A ESQUIZOFRENIA POLÍTICA DO BNG EN VIGO

Cando caes na maior das esquizofrenias políticas, dedícaste a vagar polo mundo social decindo branco, pero mostrando negro, e o marxe da propia incoherencia inherente, demostra o servizo non a cidadanía senón as propias siglas.

A rolda de prensa no día de onte dos 3 concelleiros do “antigo BNG” (antigo porque hoxe non sábese moi ben o rumbo desta formación política, se é UPG, BNG o una desfeita) é dunha caradura política sen parangóns.

 Son quenes de apoiar a investidura de Caballero, de darlle un cheque en branco e logo facer a crítica por a crítica. Non é serio señores Domínguez, Veloso y Alonso, non é serio aprobar un goberno, poñerlo na vía, aprobar as cousas que propón nos plenos máis importantes do ano: orzamentos e ordenanzas fiscais; constantemente votan a favor das propostas do goberno, o animan e tapan, e van agora e o CRITICAN  e atrévense a falar de ineficacia no primeiro ano do goberno. Pon ademais en valor que os orzamentos municipais foron aprobados grazas a eles, e derivan a crítica cara o grupo maioritario da corporación, o PP con 13 concelleiros, que a falla de un concelleiro debería ser o que sustentase a alcaldía.

Eu pregaríalle, os señores da desfeita nacionalista, a reflexión polo ben de Vigo, polo ben dos vigueses e as viguesas, que pensen menos nos seus embigos e máis nos dos cidadáns, que pensen menos en as súas 3 dedicacións exclusivas co custe que ten (e paradóxico que  con 3 concelleiros os 3 cobren do erario público un bo soldo, algo terá que ver no incondicional apoio), que pensen máis no retraso que esta supondo o alcalde Caballero para o desenvolvemento da cidade, e que en caso de que tras a reflexión non atopen solución o seu acudan o médico, que exerzcan de verdadeira oposición, non de goberno sen carteira, e que pensen no futuro, no de todos non só no seu.

No hay comentarios: