16 marzo 2012

¡TI CUMPRES, ELES CUMPREN EU INCUMPRO!

O alcalde de Vigo Caballero trabúcase na visión das cousas para a nosa cidade. O enfrontamento con outras administracións como fai, lonxe de deixalo coma o gran defensor da cidade, o deixa coma o seu maior inimigo. As verbas que bota por fora non deixan de perxudicar constantemente os intereses dos cidadáns da nosa querida cidade e supón ademaís un artificio con unha única finalidade: o electoralismo polo electoralismo. E incluso naqueles compromisos doutras administracións que estanse a desarrollar pon o pau na roda. A desfeita pola desfeita.
Agora tocanlle o turno a temas tan importantes para a cidade como o novo hospital público de Vigo, por non falar de outros que virán despois. Abel converteuse no “revisionista”, no facedor de miragres tales coma vir enemigos onde non os hai ou crealos artificialmente. Ademaís resúltame curioso que cun chamado goberno amigo, como foi o do socialista Pérez Touriño, o señor Caballero estivese calado, non reclamase nada, é máis participase das presentacións e nin rechistase e agora, cando nin en Santiago, nin en Madrid gobernan os do seu partido comenza a lanzar balóns contra Xunta e todo o que se move, e anuncia o intento do revisionismo dos convenios firmados polos anteriores alcaldes da cidade cando leva mais de 4 anos no poder. Ahí temos gran parte da incongruencia, tivo catro anos dende o 2007-2011 para falar, protestar, revisar, reclamar, e qué fixo? Nada.
Por qué agora? Só temos unha resposta a elo: oportunismo político, séntese illado, e precisa protagonismo.
Vigo necesita o novo hospital público? Si; existe un convenio firmado por quién se encontraba legalmente habilitado para ello? Si; firmoú Corina Porro o convenio con María Jose Rubio y María José Caride conselleiras socialistas? Si. Por qué non quere o señor Caballero garantir os servizos básicos do novo hospital público cando existe un convenio firmado? Por interés electoral.
É tan extrana a cousa que quere revisar o que o seu propio goberno, o de Touriño dixo que era bo.

E eu me fago unha pregunta, e o fago en alto: é de fiar unha persoa que non é quen de respetar ou cumprir os compromisos de outros cando son o servizo da cidade? Pódese chamar defensor da cidade unha perxoase así? Eu penso que NON, non é de fiar, e Vigo non merece un alcalde que minte, que confronta con outras administracións e que ten por riba dos intereses xerais o seu propio embigo.
Non quere facer renuncia a aceras, e que é máis importante humanizar unha rúa ou ter un bo hospital para o servizo de todos os cidadáns e cumprir coa palabra institucional da cidade? Esto non o resposto, correspóndevos a vos.

No hay comentarios: