21 julio 2010

OS REPARTIDORES DE BANDEIRAS

Son galego, son vigués e non por iso deixo de ser español. Dende un goberno non se debe promover a utilización dos símbolos que unen a todos os galegos coa única finalidade de crispar a sociedade.

O éxito da chamada "roja" foi a expontanea utilización da enseña nacional, non foi dende logo o uso partidista por parte dun goberno, dunha parte do mesmo, o dunha formación política da bandeira, senón que o seu éxito naceú na expontaneidade, ninguén agasallou a ninguén cunha bandeira, cada quen foi quen de buscala bandeira e colocala no seu balcón na súa fiestra o mesmo de colocala no seu vehículo.

Facer como o BNG na nosa cidade e agasallar coa bandeira de todos os galegos para que os cidadáns en número de 5.000 as coloquen nas súas fachadas, balcóns ou fiestras non deixa mais que ser un erro e un intento de manipulación dos vigueses e viguesas que éstes non serán quenes de consentir. O BNG pensa que pode utilizar a cidadanía para os seus réditos electoráis, pero dende logo eu vou defender a miña bandeira, a española, pero tamén a galega, pero non penso ser complice do uso partidista da bandeira galega. Como galegista constitucional e estatutario quero a miña bandeira, o meu idioma e dende logo a miña Galicia e o seu patrono, pero non podo querer a utilización partidista duns repartidores de bandeiras que pensan que poden enganar a todo un pobo. Liberdade e voluntarismo e dende logo non mercadeo e imposicións.
Por certo teríamos que preguntarnos ¿son as bandeiras regaladas as oficiais de Galicia? e ¿canto vanlle costar os vigueses e as viguesas a precampaña electoral do señor Domínguez Olveira?.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Isto parece unha competición de bandeiras. Cando foi o Mundial de Fútbol cada quen foi libre de mercar e poñer a bandeira española nas casas e agora, cós cartos de tódolos vigueses e viguesas, regalan bandeiras de Galicia. Por se iso non fose de abondo , hoxe nun periódico de Vigo hai un anuncio , tamén pagado pola cidadanía, no que se lembra que se reparten as bandeiras. Un pouco de respeto e de seriedade, estamos en época de crise e non se deberían gastar cartos en cousas inútiles. O que están a conseguir e que nos fartemos e que nas próximas eleccións os botemos para as súas casas a ver tódolos días a bandeira posta no balcón .

VIGO dijo...

Os politicos non deberian utilizar a bandeira galega, nin ninguna outra para os seus intereses partidistas...a bandeira deberia estar por encima de iso, coma outras moitas cousas.... pero en campaña todo vale...¿ou non?.

Anónimo dijo...

que tipejo más rancio el Jorge Gil este y que ideas más raras.Lo vengo siguiendo desde hace tiempo y los populares como no busquen otra persona para su portavoz mas le va a ir¿de donde ha salido este?¿de que tiempo?¿sera hermano o primo de lopez chaves?